Información Xeral  
Situación e Accesos  
Instalacións  
Contacto  
Contorno  
Actividades  
Historia  
Tarifas e Reserva  
> Bitácora  
Regulamento  
   
 
 
   

Bitácora

> Cuento: Las Casas de la Cascada

Unha noite fría fría, fría, todos os animais reuníronse. Era Inverno e cada un ía coa súa chambra de follas. O oso, que era o xefe, propuxo unha idea:

- Escoitade , ¿por que non lle dicimos a alguén que faga unhas casiñas para que veña a xente e logo nos dean comida?

A todos lles pareceu ben e decidiron dicirllo a un mozo ao que a miúdo vían subir á serra a pasear por onde eles vivían. Un dos animais, o raposo, que todos sabemos que é moi listo, tan listo, tan listo que sabía escribir, empezou a redactar unha carta:

Ola Koldo:
¿Como estás? Nós, os animais, estamos moi ben, pero gustaííanos que fixeses unhas casiñas ás que puidesenn vir xente que logo nos dese de comer. ¿Poderíalo intentar?

E así remataba a carta. Déronlle o escrito ao paxaro Pico—Teo, e voando, voando chegou á casa de Koldo. Chocou coa fiestra… mais antes de que a carta caera Koldo recolleuna e leuna. Quedou sorprendido, pero pareceulle unha boa idea e empezou a facer as casitas ao lado dunha fervenza. Tivo moitos problemas, porque a toda a xente non lle parecía unha boa idea, pero ao final fíxoo. E cando rematou todos os animais estaban moi ledos.

Ese inverno fixo máis frío do normal e aconteceu algo estraño, a fervenza conxelouse. Aquilo non foi problema para poder gozar, porque a Koldo ocorreuselle que sería un lugar estupendo para patinar. Pero si que había un problema, as sereas que alí vivían estaban dentro da auga, conxeladas, e non podían saír. Tiveron que facer un burato, como fan os esquimós para poder pescar. Como as sereas estaban xeadas fixeron unha cacharela para quentarse. A calor evaporou o frío e as sereas convertéronse en preciosas libélulas azuis, que quedaron voando polo río. E dende entón son as encargadas de coidar a fervenza e vixiar a xente.

Cantidade de persoas acoden as casiñas que Koldo fixo, a gozar dese lugar no que se convive coa natureza e os animais. ¡Cóidao! Porque para iso están as gardiás, as preciosas libélulas azuis, que poderás ver por todo o río, se decides vir a visitarnos. E vouche dicir un segredo. Este lugar, aínda que parece un conto, é real e existe e chámase “ Las Casas de la Cascada”. E ín colorado este conto, rematousecolor

(Escrito pot Haizea Ganzedo Viteri, 8 anos. Adicado ao seu pai, e ao proxecto realizado por este.)

> Comentarios:

Cóntanos o que queiras da túa visita polas nosas casas.

Acceder os comentarios