|
Actividades
Actividades Culturales:
A proximidade da LAS CASAS DE LA CASCADA a pobos e cidades como Artziniega, Orduña, Bilbao ou Vitoria-Gateiz permite realizar saidas culturais de grande interés.
- Prehistoria: Dolmens de Añes e Orduña, Loberas de Angulo e Monte Santiago, etc.
- Época romana: Conxunto arqueolóxico de Iruña-Veleia.
- Idade media: Conxunto monumental de Quejana, Iglesia-fortaleza gótica de Orduña, Catedral de Santa María de Vitoria-Gasteiz, Catedral de Burgos, Alcázar de Medina de
Pomar, etc.
- Época contemporánea: Museu Guggenheim de Bilbao, Artium de Vitoria, etc
Tamén, recomendamos visitar os pobos que conforman a Bisbarra das Merindades (Burgos) e do Val de Ayala ( Älava) para descubrir a forma de vida, os costumes e a historia deste enclave, a través das suas rúas, pazos, festas patronais e exquisita gastronomía.

Actividades na Natureza:
O contorno de LAS CASAS DE LA CASCADA ofrece a oportunidade de realizar multitude de actividades relacionadas coa natureza:
- Sendeirismo. Infinidade de rutas de diferente lonxitude e grao de dificultade, aptas para toda a familia.
- Ciclismo. Case que todos os camiños e sendeiros que discorren entre bosques e campos son axeitados para circular en BTT.
- Observación de aves. É a zona máis rica en aves nidificantes de toda a Península. Entre elas, cómpre salientar as aves rapaces e as forestais.
- Parapente e ala delta. A zona de voo de Orduña, cun salto de 600 metros, é unha excelente zona para practicar o voo libre.
- Espeleoloxía, Máis de 300 cavidades cercanas, algunhas delas entre as máis longas do mundo.
|